Igualdade

Igualdade

A Concellería de Igualdade, a través do Servizo de Igualdade, é o organismo de referencia municipal que traballa para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero na contorna máis inmediata á cidadanía.

Actuacións do Servizo de Igualdade:

  • Impulso e elaboración do Protocolo municipal para a prevención, detección e actuación ante casos de violencia de xénero.
 
  • Impulso e creación dunha sección de literatura infantil e adultos/as en clave feminista na biblioteca municipal.
 
  • Impulso e elaboración da Ordenanza municipal para a promoción da igualdade de xénero no Concello de Barbadás.
 
  • Actividades dirixidas á rede vecinal.
 
  • Actividades dirixidas ós centros de ensino.
 
  • Actividades e actuacións culturais relacionadas coa igualdade.
 
  • Campañas e actividades de sensibilización e prevención das desigualdades.
 
  • Actos e actividades conmemorativas con motivo do 8 de Marzo (Día Internacional da Muller) e do 25 de Novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller).
 
  • Seguemento e avaliación do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes.
 
  • Coordinación con outros organismos con competencia en materia de igualdade e prevención de violencia de xénero no territorio.
 
  • Asesoramento a petición doutras áreas municipais en materia de igualdade e utlización dunha linguaxe inclusiva.
 
  • Programa TEMPOS DE MULLERES

A Concellería de Igualdade, cuxa concelleira é Elisabet González Nistal,  ten a súa sede nas  Oficinas Municipais de A Valenzá

CIM - Centro de Información ás Mulleres

  • O Centro de Información á Muller é un servizo dependente da Concellería de Igualdade,  gratuíto, anónimo,  totalmente confidencial e que ten como principio o respecto da vontade das mulleres na busca de posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
  • Datos de ubicación e contacto do CIM
 

Díptico CIM Concello de Barbadás Preme na imaxe para ver o díptico dos  servizos que ofrece o CIM de Barbadás

Tamén dende a área de Igualdade, a través do CIM, realízanse actividades, entre as que podemos destacar:  
  • O fomento da igualdade entre mulleres e homes e da prevención da violencia de xénero no entorno máis inmediato, programando e realizando actividades para toda a cidadanía do Concello de Barbadás.
 
  • Impulso e elaboración do IV Plan Municipal de Igualdade, así coma o seu control e seguimento.
 
  • A organización, impulso e celebración de actividades culturais relacionadas coa igualdade, coma a Romaría Feminista, a conmemoración de datas coma o 8 de Marzo (Día Internacional da Muller), o 25 de Novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller) ou o 28 de xuño (día internacional do orgullo LGTBI).
 
  • Coordinación con outros organismos con competencia en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero no territorio.
 
  • Asesoramento especializado a outras áreas municipais en materia de igualdade.
  PERSOAL TÉCNICO:
  • Directora (traballadora social e técnica de igualdade)
  • Psicóloga
  • Asesor xurídico
  HORARIO:
  • O horario de atención ó público é de luns a venres das 09.00 h. ás 14.00 h.
  • O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos sinalados no calendario de festas laborables de ámbito local, autonómico e nacional.
ACCESIBILIDADE
  • Módulo de aseo adaptado/practicable, zona de espera e rampla de acceso adaptada.
ACCESOS
  • Bus:
    • Luns a venres: Liña XG6052901 (Rio)
    • Mércores: Liña XG6051401 (Rio)
  ENDEREZO
Instalaciones CIM

                     Rúa dos Fornos, 4   -   Barbadás   - Ourense

                       988 222 251

                         igualdade@barbadas.es   -   cim@barbadas.gal

                       Ubicación Google Maps

 

Actividade cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Logos Europa CI;

 Subvención CIM Barbadás - Xunta de Galicia

SLUG: igualdade

TMPL_CONCELLARÍA.TEMPLATE.1713586852